Peido de lobo

Os peidos de lobo, tamén coñecidos coma fungos de sapo e bufos de vella[1] son nomes comúns de varios fungos (basidomicetos) da familia das licoperdáceas de corpo frutífero globoso, abrancazados por fóra e que poden chegar aos 24 cm de diámetro, ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurecer se transforma nun po pardo formado polas esporas.

En inglés coñécense co nome de puffball. Inclúen os xéneros Calvatia, Calbovista e mais Lycoperdon.[2] Todas os falsos peidos de lobo son tóxicos, ademais de xotos e de gusto amargo. Cómpre evitar o xénero Scleroderma, que ten unha gleba purpúrea.[3]

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Freedman, Louise; Mycological Society of San Francisco (1987, 2000). "Wild About Mushrooms:Puffballs". Consultado o 2012-09-18. 
  3. Miller, Orson K. (1977). Mushrooms of North America. Nova York, NY: E.P. Dutton Publisher. p. 298. ISBN 0-525-47482-X. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne